ÁREA XURÍDICA

 

 

 

RESPONSABLE
O Departamento Xurídico de ESCOLAS CATÓLICAS GALICIA está dirixido pola avogada Mª Belén Costa Rodríguez.

FUNCIÓNS DA ASESORÍA

1. Asesoramento Xeral
O asesoramento xeral aos centros afiliados é a función principal da Asesoría, sendo o asesoramento xeral prioritario sobre os asuntos particulares dos centros. Iso conséguese mediante a redacción de circulares e publicacións, participación en reunións informativas ou ben mediante a organización de xornadas de formación para directivos. O asesoramento é unicamente cara o centro e os seus responsables, polo que non atenderán consultas particulares de profesores ou pais de alumnos.
2. Asesoramento interno
O Departamento realiza funcións de asesoramento interno á organización: informando na Xunta Directiva, propoñendo estratexias e asumindo a dirección letrada na defensa da organización ante Tribunais de Xustiza ou outros organismos administrativos
3. Representación institucional.
Representación da organización no Observatorio Galego da Convivencia, Comisión Tripartita do Ensino Concertado  e outros órganos colexiados.
4. Asesoramento particular.
Asesorar e informar aos  equipos directivos das Institucións e aos centros afiliados en todo tipo de asuntos relacionados coa xestión escolar.


OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

O Departamento ten marcados uns obxectivos, entre os que podemos destacar os seguintes:

Para consultas o e-mail é: belencosta@escolascatolicas.es

 

INICIO

 

SECRETARIADO REXIONAL
ÁREA XURÍDICA
ÁREA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
ÁREA DE PASTORAL
ÁREA DE FORMACIÓN
INTERCAMBIADOR DIDÁCTICO
CENTROS
CIRCULARES