2ª Edición do Curso Superior en Dirección de Centros Educativos Privados

foto ítem

Escolas  Católicas

Rúa Santa Clara, 23

15704-Santiago de Compostela

Curso escolar 2018-2019  

Data límite de inscrición: 15 de setembro de 2018

Custo da formación: pagamento  matrícula ou  a través da  FUNDAE (formación bonificada)

Destinatarios: representantes da titularidade e  profesorado en xeral que vaian desenvolver funcións directivas 

Información

Con grande ilusión, comunicámoslles que Escolas Católicas de Galicia, en colaboración coa Universidad San Jorge, lanza a II PROMOCIÓN 2018-2019 do Curso Superior en Dirección de Centros Educativos Privados. Unha formación conducente á obtención do certificado de Especialización homologado por dita universidade, que terá lugar na sede de Escolas Católicas (Rúa Santa Clara, 23) de Santiago de Compostela durante o curso escolar 2018-2019.

Os nosos equipos directivos son a cerna da nosa federación, o tronco imprescindible que sostén a rede de escolas católicas na comunidade. Partindo desta premisa, Escolas Católicas de Galicia, en colaboración coa Universidad San Jorge, organizaron unha formación dirixida a proporcionarlles técnicas e ferramentas específicas para que cumpran as súas funcións nun contexto educativo no cal se converten en líderes e protagonistas da innovación educativa neste momento de vertixinosa evolución e sempre, por suposto, desde o ideario católico que nos caracteriza.

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies