Para celebrara a Coaresma  todos os centros de  Escolas Católicas de Santiago de Compostela e en concreto os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria, organizan un acto anual conxunto. Este ano co lema “Xesús Amigo”

Remata o acto co canto dunha canción todos xuntos e unhas palabras da responsable de pastoral, animándonos  a  repetir para  outro ano. 

CELEBRACIÓN “XESÚS AMIGO”

O venres 16 de marzo xuntámonos todolos colexios de Escolas Católicas de Santiago para celebrar con alegría, no medio da Coresma, a festa de “Xesús, Amigo”.

Participamos os alumnos de 3º e 4º de Primaria. A celebración estivo animada por Mar, que nos falou e nos invitou a participar con moitas ganas en cada momento.

No Evanxeo Xesús dinos que El é o noso Pastor, que nos coida e nos quere como un bo amigo, e quere que sexamos felices, e que fagamos felices aos demais.

Cada colexio fixemos unha ou dúas letras do lema, que entre todos colgamos na parte central da igrexa, xunto ao altar. E ademais, levabamos preparadas unhas tiras de cores de cartolina para expresar por escrito a nosa reflexión como resposta a estas dúas preguntas:

  • Que lle pides a un amigo?
  • Que lle das a un amigo?

Cas nosas respostas fixemos unha gran cadea que percorría todolos recunchos da igrexa, e que logo puxemos enriba do lema, de moitas cores e formas.

Tamén cantamos todos xuntos, con xestos, unha canción: “Jesús nos enseña”.

A verdade é que pasámolo ben, a celebración pareceunos curta e moi divertida, e foi unha maneira diferente de rezar e ir á igrexa, ver que outros nenos doutros coles tamén fan a mesmas celebracións ca nós.

Gustaríamos repetir outro ano. Moitas grazas!!

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante