Curso AVALIACIÓN AUTÉNTICA NA AULA

Sede de Escolas Católicas

Rúa Santa Clara, 23

15704-Santiago de Compostela

Venres,  30  de novembro  

Data límite de inscrición: 16 de novembro de 2018

Custo da formación: pagamento  matrícula ou  a través da  FUNDAE (formación bonificada)

Destinatarios: directivos,  titulares e  profesorado

Información

A avaliación é a ferramenta máis útil para responsabilizar o alumnado da súa propia aprendizaxe. Non obstante, se aprender é un proceso activo, construtivo, compartido con outros, que crea significado e variedade de representacións, a avaliación só se pode entender da mesma maneira. A avaliación auténtica está ao servizo da aprendizaxe. Para afondar un pouco máis neste tema, Escolas Católicas ofrécevos esta formación de cinco horas que será impartida por Izaskum Gutiérrez Antón, con ampla experiencia docente, coordinadora de pastoral, responsable de Innovación do Colexio Askartza Claret, formadora de Kristau Eskola e membro do equipo de titores do programa nacional “Profesores en acción” e mimo.

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies