Curso DESEÑO DE PRESENTACIONS. Sácalle punta á túa mensaxe

Sede de Escolas Católicas

Rúa Santa Clara, 23

15704-Santiago de Compostela

Venres,  16  de novembro  

Data límite de inscrición: 5 de novembro de 2018

Custo da formación: pagamento  matrícula ou  a través da  FUNDAE (formación bonificada)

Destinatarios: directivos,  profesorado e calquer persoa interesada.

Información

Deseguido presentámoslles información detallada da actividade formativa Deseño de presentacións. Sácalle punta á túa mensaxe, de 4 horas de duración que terá lugaro venres 16 de novembro pola tarde na sede de Escolas Católicas.

A comunicación cos noso públicos, sexan alumnos e alumnas, ou otros, ten que ser o mais clara, intuitiva, impactante e atractiva posible; deste xeito, aseguraremos a súa atención e a comprensión da mensaxe que queremos transmitir. Hoxe en día existen numerosos recursos de software, de fácil manexo e gratuítos, que nos asisten no deseño das presentacións multimedia. Nestas 4 horas de formación dirixidas a directivos, profesorado e a calquera persoa interesada, Mónica Fernández -docente, formadora e directora da empresa Terteres- daranos as claves para elaborar presentacións eficaces.

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies