Curso Experto Universitario en Márketing Educativo

marketing educativo

Escolas  Católicas

Rúa Santa Clara, 23

15704-Santiago de Compostela

Curso escolar 2018-2019  

Data límite de inscrición: 1 de outubro de 2018

Custo da formación: pagamento  matrícula ou  a través da  FUNDAE (formación bonificada)

Destinatarios:  profesorado en xeral  

Información

Comprácenos informalos/as da convocatoria da actividade formativa EXPERTO UNIVERSITARIO EN MÁRKETING EDUCATIVO que o departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas de Galicia organiza coa colaboración da editorial Edelvives.

A realidade educativa, social e política actual está mudando continuamente e todo isto obriga os centros educativos a coñecer e a utilizar ferramentas de xestión empresarial, ata agora descoñecidas, para coñecer e mellorar a satisfacción dos nosos clientes: familias e alumnado. As escolas católicas deben elaborar propostas únicas e diferentes que saiban comunicar e transmitir o noso modelo educativo centrado en satisfacer as necesidades deses clientes. Este é o obxectivo fundamental deste curso acreditado coa titulación de Experto Universitario emitido pola Escola Univesitaria Cardenal Cisneros.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies