PROPOSTAS FORMATIVAS NOVEMBRO 2025
1.O día 4 de novembro, de catro a sete, Paula Madrid, cofundadora de Infancia M&P, orientadora e formadora, impartirá a segunda edición da formación COMPRENDENDO SENSORIALMENTE A INFANCIA.
Custo: a matrícula ten un custo 55 euros, que se aboarán nun número de conta que se vos indicará desde Administración
Inscrición: COMPRENDENDO SENSORIALMENTE A INFANTIL
2. O día 11 de novembro, no mesmo horario, enfocarase no PERFIL SENSORIAL ESCOLAR. Estas propostas están dirixidas a toda a comunidade educativa pero, especialmente, a equipos de orientación, titores/as, coordinadores/as de benestar e equipos directivos.
Custo: a matrícula ten un custo 55 euros, que se aboarán nun número de conta que se vos indicará desde Administración.
Inscrición: PERFIL SENSORIAL ESCOLAR
3. TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS E PROXECTO LGTCO. DE CENTROS
Por outra parte, a docente e formadora Sofía Rama, pioneira na implementación desta metodoloxía no eido do plurilingüismo, ofrecerá as vantaxes e claves de implementar a metodoloxía TIL (Tratamento integrado de linguas) así como a súa relación co Proxecto lingüístico de centro. Está solicitada a homologación á Consellería de Educación por un total de 20 horas (16 presenciais + 4 de traballo autónomo) e terá lugar na sede de Escolas Católicas os días 6 de novembro, 12, 27 e 3 de decembro, de catro a oito. Está dirixida a todo o persoal docente, especialmente, o que imparte materias lingüísticas pero tamén as non lingüísticas, a coordinadores de equipos de departamentos e equipos directivos.
O custo: 220 euros, financiables por FUNDAE.
Data limite de inscrición 29 de outubro
Inscrición: TIL E PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO
- Ademais lembrámosvos tamén que o 21 de novembro, de nove e media a tres, teremos a nosa XXI Xornada de Normalización Lgtca., dirixida a todo o profesorado de galego e doutras linguas, así como a equipos directivos. Proximamente, remitiremos o programa onde contaremos, entre outros, coa presenza da cantante Uxía, íntima amiga de Begoña Caamaño, persoeiro ao que se lle dedican as Letras Galegas do 2026.