Formación en  novembro de  2022 

Información

Información detallada das actividades formativas, financiables por FUNDAE, organizadas para o mes de novembro desde o departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas.

1. Plan de Igualdade. Centro educativo. Esta primeira formación, de catro horas, terá lugar o luns 14 de novembro e céntrase no Plan de Igualdade que, como todas as empresas de máis de 50 traballadores, deben ter obrigatoriamente os centros educativos. Impartiraa Mónica Fernández, docente e formadora especializada, entre outros temas, en Dereito do traballo e plans de igualdade na empresa.

2. O Plan de Igualdade. Coeducación. Un dos plans estratéxicos e prioritarios na Lomloe. Esta formación, tamén de catro horas, terá lugar o xoves 16 de novembro e será impartido por Mónica Baleirón, docente, formadora e asesora en temas de Igualdade da Consellería de Educación.

3. Paisaxes de aprendizaxe. Infantil e Primaria. Unha ferramenta metodolóxica fundamental para abordar a innovación. Esta formación de catro horas, terá lugar o venres 18 e será impartida por David Ranz, director do Centro de Neuroeducación e Rendemento Académico La Biblioteca de Alejandría desde o ano 2011.

4. Paisaxes de Aprendizaxe. ESO e Bach. O sábado 19 pola mañá, David Ranz centrarase nestas dúas etapas educativas.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante