Para celebrar o día do Domund,  os centros de Escolas Cátólicas de Santiago e en concreto os alumnos de 5º e 6º de  educación primaria, organiza un acto anual conxunto. Este ano  con lema “Bautizados e Enviados”.

CELEBRACIÓN DOMUND 2019

“Bautizados e enviados”

Foron moitos os colexios de Escolas Católicas de toda Galicia que festexaron o día do DOMUND. Entre eles, os centros de Santiago que o 17 de outubro xuntaron en Compañía de María todo o alumnado de 5º de primaria. Desta maneira, resume a xornada Sor Chus Millán Ferreiro, a responsable de Pastoral de Escolas Católicas:

 “Con moita alegría e ilusión, os nenos de 5º de primaria das Escolas Católicas de Santiago (8 colexios), agardabamos este día para celebrar en grande o DOMUND. Os días anteriores traballamos  nas clases cos nosos titores esta campaña, con vídeos, testemuños, cancións… E preparabamos os carteis, dorsais e xogos que levariamos esa mañá. A celebración fíxose no Colexio Compañía de María. Nun primeiro momento, xogamos no polideportivo unha xincana xigante, rotando e pasando por todos os postos. Despois, no salón de actos, colocámonos para ter unha pequena reflexión e facernos conscientes da realidade de moita xente nos países máis pobres do mundo e como hai moitos misioneiros que entregan a súa vida para axudalos.

Aínda que non puido estar o delegado de Misións, David Álvarez, podemos, cos nosos xestos, e levantando os nosos aros de cores, tentar poñernos no calzado dos máis pobres, na súa pel, para imaxinar por uns instantes as carencias que teñen… E o noso compromiso foi sensibilizar os nosos familiares e persoas máis achegadas a nós, para que colaboremos todos e os lles fagamos a eles -e a nós mesmos- a vida un pouquiño máis agradable e feliz”.

 

Galería de imaxes

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante