Encontro IMPULSA INFANTIL

foto IMPULSA INFANTIL formación

Lugar de realización:

Colexio Maior Xelmírez

Rúa Vista Alegre, 48 – 15705-Santiago

17 de  decembro de 2022

Data límite de inscrición 12 de decembro de  2022

Información

A primeira infancia é unha das etapas máis importantes na vida das persoas pois nese momento enraizase o desenvolvemento integral de moitas das vertentes ou dimensións que constituirán esa personalidade. Con este encontro buscamos afondar na importancia de catro elementos clave a estas idades, para conseguir crear espazos respectuosos que xeren unha aprendizaxe para a vida: o xogo, a lectura, as emocións, as artes e a creatividade. Neste encontro da rede docente de Infantil dos centros de Escolas Católicas, compartiremos ademais de amizade e experiencias varias, rigor científico e profesionalidade grazas á colaboración de Víctor Arufe, Begoña Ibarrola, Siro López e Raquel Queizás, que nos axudarán a afondar no noso rol como educadores/as e encamiñarannos para preservar a maxia do noso labor pedagóxico.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies