Formación en Moodle dirixida a administradores/as e docentes

Sede Escolas Católicas

Praza de Europa, 10A- 2ª Planta

15707-Santiago de Compostela

INFORMACIÓN

Convocatoria de dúas actividades formativas centradas na plataforma de xestión de contidos MOODLE.

A primeira, ADMINISTRACIÓN DA FERRAMENTA MOODLE NO CENTRO EDUCATIVO, terá lugar o venres 18 de setembro en horario de 16.00h a 20.00h e está dirixida a administradores. O obxectivo xeral consiste en actualizar a persoal non especializado na implementación e administración da ferramenta de xestión de contidos de aprendizaxe “Moodle”. Neste curso adquiriranse competencias para administrar a aparencia e funcionamento básico de Moodle no seu centro, xestionar a interacción dos usuarios do centro coa plataforma e a configurar os cursos /materias que se ofrecen.

A segunda actividade formativa, USO DA FERRAMENTA MOODLE NA PRÁCTICA DOCENTE, terá lugar o sábado 19 de setembro en horario de 9.30h a 14.30h e terá como obxectivo fundamental actualizar os coñecementos e habilidades prácticas nas áreas de competencia dixital docente, semipresencial e a distancia.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies