Introducindo STEAM en educación primaria. Metodología para a competencia científica

Escolas Católicas

Rúa Santa Clara, 13

15704- Santiago de Compostela

 28 de setembro 

Data límite de inscrición:  16 de setembro de 2019

Destinatarios:  profesores de educación primaria 

Información

Un ano máis, xa estamos mergullados nun novo inicio de curso e, desde o departamento de Innovación Pedagóxica de Escolas Católicas, deseñamos un plan formativo -remitimos un adianto no mes de xullo- que agardamos, responda aos vosos intereses e inquedanzas.  Nesta ocasión, e grazas á editorial Edebé, enviámosvos unha proposta de obradoiro, onde se lle dá prioridade á práctica, centrada en traballar as competencias científicas nas aulas de Educación Primaria. Esta formación terá lugar o 28 de setembro, na sede de Escolas Católicas en horario de 9.00 h a 14.00 h

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies