Xornadas de Pastoral autonómicas. Conectando!! 

foto formación XP-23

Lugar de realización:

Colexio Maior Xelmírez

Rúa Vista Alegre, 48

15705-Santiago de Compostela

18 de marzo de 2023

Data límite de inscrición:  13 de marzo  de  2023

Información

Información de que o vindeiro sábado 18 de marzo terán lugar as nosas Xornadas de Pastoral autonómicas, en modalidade presencial, en Santiago de Compostela (de 9:30h a 17:30h).

O Papa dinos que na pastoral é moi importante estar conectados coa realidade, situarnos no aquí e no agora, contextualizar o momento no que nos encontramos. Por iso, nesta ocasión, decidimos titular as nosas xornadas Conectando!!

Entre todos, e coa axuda dos nosos convidados e convidadas, reflexionaremos sobre o noso labor evanxelizador nos nosos centros. Un labor que, necesariamente, debe conectar co noso alumnado e coa sociedade na que vivimos. Tamén será o momento para recoñecer os traballos galardoados cos Premios á Innovación e Boas prácticas na Pastoral escolar do coidado, patrocinados por Edelvives.

Ademais, será o unha xornada onde compartiremos café, xantar, visitas aos stands patrocinadores -Edelvives, SM e Edebé-, música, charlas, conversas… e, por suposto, momentos de oración e tamén de agradecemento.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante