Últimas Noticias

Bo Nadal e Venturoso Ano Novo

Ao celebrar o Nadal, que o nacemento Xesús renove en nós a esperanza, a fraternidade e a alegría de servir. Que, seguindo o impulso pastoral expresado polo papa León XIV nas súas primeiras palabras, vivamos o coidado mutuo e o coidado da túa creación como signo concreto da nosa fe.

Festival de Panxoliñas 2025

Celebración do XV Festival de Panxoliñas de Escolas Católicas, que organizamos co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de Activa, Edebé, SM, Edelvives, Santillana e Anaya.

Ver vídeo

Como froito do diálogo e de intensas negociacións, Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas -patronal maioritaria da concertada-  así como outras patronais e sindicatos (FSIE, CCOO, UGT e USO) asinaron hoxe, xunto co conselleiro de Educación, o acordo de xubilación parcial.

Desde este ano, o profesorado ao que lle resten dous anos para xubilarse, poderá reducir a súa xornada nun 72% e será substituído por un novo docente.

Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do Galego

Estes recoñecementos, patrocinados por rodeira-Edebé, recaeron nos proxectos Sei cantar, sei bailar e colexio marista El Pilar de Vigo e no proxecto Cando a tradición latexa na escola do colexio salesiano Mª Auxiliadora, tamén de Vigo. Ademais, o colexio Santa María do Mar recibiu unha mención polo traballo Rompamos muros, creemos esperanza.

Máis info.

Juana Otero, peche da inauguración da XXI Xornada de Normalización Lingüística

Juana Otero,  no peche da inauguración da XXI Xornada de Normalización, salientou que os centros vinculados ás Escolas Católicas comparten un compromiso coa educación e coa lingua. Otero afirmou que “ninguén ten exclusividade sobre o idioma, porque é un patrimonio común” e chamou a “desbotar prexuízos” arredor do galego, defendendo que debe situarse por riba de “ideoloxías e cálculos políticos”. Ademais, destacou o labor dos equipos de dinamización lingüística como “piares fundamentais” da normalización nos centros e presentou esta xornada como un encontro formativo consolidado dentro do seu plan anual.

Máis info.

Resumo da XXI Xornada de Normalización Lingüística

Resumo  da XXI  XNL de  Escolas Católicas de Galicia que  reuniu no salón de actos do Consello da Cultura unhas 80 persoas, a maioría membros dos equipos de dinamización ou coordinadores/as de centros públicos, privados e adheridos á federación,  que se organiza  anualmente, co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio da editorial rodeira-Edebé.

Máis info.

Encontro entre patronal e sindicatos para avanzar en propostas de mellora educativas.

Monseñor Prieto Fernández e Juana Otero mantiveron unha xuntanza a semana pasada no palacio arcebispal onde se trataron diversos temas, entre eles, a situación actual da educación católica concertada. Ambos coincidiron no feito das vantaxes da educación integral, tamén espiritual, que caracteriza estes centros educativos.

Finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2025

Convocatoria para participar na vixésimo segunda edición do Premio literario Frei Martín Sarmiento. Como sabedes, o alumnado participante nalgunha da categorías -Infantil, 1ª(1º e 2º EP), 2ª (3º e 4º), 3ª (5º e 6º), 4ª (1º e 2º ESO), 5ª(3º e 4ª ESO) e 6ª (Bacharelato e adultos- terán que ler as dúas obras finalistas e decidir cal é a obra gañadora).

Ver máis

Plan formativo curso 25-26

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

Convocatoria de BEDA e BEDA KIDS

Para avanzar na aprendizaxe do inglés, Escolas Católicas mantén vixente, entre outras iniciativas, o convenio asinado con Escolas Católicas de Madrid e o programa BEDA que facilita a certificación con Cambridge, tanto de alumnado como de profesorado.

Información sobre as CONVOCATORIAS DE INCORPORACIÓN, RENOVACIÓN O CAMBIO DE NIVEL EN BEDA E BEDA KIDS

 

Seguir lendo

Día da Educación Católica

Vídeo que recolle os testemuños das distintas sedes autonómicas de Escolas Católicas.

Programas aprendizaxe inglés alumnado-profesorado

Propostas académicas e estadías de verán para avanzar na aprendizaxe do inglés, dirixidas tanto a alumnado como a profesorado, Escolas Católicas asinou un convenio de colaboración con KELLS COLLEGE, entidade cunha longa traxectoria organizando este tipo de programas.

Máis info.

Plan formativo curso 24-25

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

Colaboracións coa CIEC

Entre os numerosos colaboradores de Escolas Católicas de Galicia encóntrase a Confederación interamericana de Educación Católica integrada, na actualidade por 23 países agrupados administrativamente en cinco rexións correspondentes a Norte, Caribe, Centroamérica, Andina e Sur. Podedes coñecer máis datos sobre esta institución e as súas actividades en http://ciec.edu.co

Neste web colgaremos novas relacionadas coa educación, e información de interese para as nosas escolas así como algúns dos vídeos e mensaxes elaboradas polo secretario actual da organización Óscar Pérez Sayago.

Seguir lendo

As nosas Cifras

37.202

Ed. Infantil + Ed. Primaria

17.159

E.S.O.

4.854

Bacharelato + FP

5.275

Traballadores

Axenda

Ver todos

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante