XVII Xornada de Normalización Lingüística 2021
Juana Otero, xunto con Valentín García e Rosario Álvarez inauguraron a XVII Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas.
Elisardo López Varela realizou un repaso polos 30 anos de EDLG e adiantou que no novo currículo os equipos se van ver máis reforzados.
Débora Moldes achegounos de forma rigorosa e maxistral a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán e o proxecto As letras de Florencio.
Patricia Romasanta e Chelo Quintana, do colexio Carmelitas de Ourense, presentáronnos a última iniciativa que realizaron con alumnado de Primaria, un libro dedicado ao fillo de Xela, para despedir o ano Xela.
Pepi Domínguez, coordinadora dos EDLG do colexio Divina Pastora de Ourense, expuxo ante todos os asistentes, todas as iniciativas que se realizaron no colexio ao redor da figura de Florencio para impulsar a súa candidatura como persoeiro ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
PREMIOS IRMÁN REBOIRAS ÁS MELLORES INICIATIVAS DE FOMENTO DO GALEGO
Estes galardóns, patrocinados por rodeira Edebé, recoñeceron o labor dos equipos de dinamización dos colexios Divina Pastora, de Ourense e San José de Cluny, de Santiago. Para a entrega dos galardóns contamos con Jesús Tapia, responsable de institucións educativas de rodeira Edebé; de Chus Gómez Sanjurjo, coordinadora editorial de rodeira e Sabela Gil, coordinadora central dos EDLG da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Recolleron os galardóns Elías Piñeiro e Carme Casado, do Divina Pastora e Emma Canitrot, de San José de Cluny.
“Canto en galego”, do colexio Divina Pastora de Ourense.
“Clunyteka”, do colexio San José de Cluny de Santiago.
HOMENAXE A OS RAPARIGOS DE FERROL
Escolas Católicas quixo renderlle unha homenaxe aos Raparigos de Ferrol, unha asociación de gaiteiros con máis de cincuenta anos de traxectoria profesional. Entregáronlle o galardón Juana Otero, Juan Manuel Buján e Charo Baleirón.
Os detalles consistiron nunhas gaitas de prata, elaboradas polos artesáns Fuentes Xoieiros de Lugo, e unha árbore da vida, obsequio de Cerámicas Regal.