O apartado de Pastoral é un espazo para dar cabida a informacións e actividades que poidan complementar e axudar na pastoral dos centros educativos.

Os nosos centros educativos son escolas católicas que inspiran a súa acción educativa no Evanxeo e nun ideario propio.

Liñas de acción:

  • Buscamos a formación integral dos alumnos, de acordo cunha concepción cristiana da persoa, da vida e do mundo.
  • Vivencia dos valores evanxélicos a través do cales revelamos que Deus nos ama.
  • Compromiso pola xustiza, cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.
  • Fomentar a responsabilidade ante o progreso da ciencia e da tecnoloxía.
  • Animamos a dimensión eclesial e misioneira.
  • Apostamos pola creatividade e a innovación.
  • Queremos propiciar e apostar por unha pastoral de procesos, coidalos e acompañalos, buscando o desenvolvemento da dimensión interior dos nosos alumnos, para que sexan capaces de elaborar un pensamento crítico, e de reflexionar e optar en liberdade polos valores evanxélicos.
  • Promover a formación a todos os niveis.
  • Queremos partir da vida dos nosos alumnos, das súas experiencias, e axudarlles a vivir e discernir as súas propias vidas e procesos.
  • Promover e fomentar a formación do profesorado como medio imprescindible para ofrecer unha educación innovadora e de calidade.

Formación

“YO PUEDO”

"Yo puedo" é unha iniciativa xurdida da OIEC (Oficina Internacional da Educación Católica), coa que se quere responder o reto que o papa Francisco lanza á Escola de levar a cabo unha educación ecolóxica ( Laudato si’ 209-215)          

Seguir leyendo

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies