Co patrocinio da editorial Rodeira-Edebé, Escolas Católicas de Galicia convoca os Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego. Un galardón que ten como obxectivo impulsar a dinamización e recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG, equipos que deben deseñar e canalizar todas as propostas co obxectivo común de avanzarmos no coñecemento e uso da lingua galega. A entrega dos galardóns terá lugar o 26 de novembro na Xornada de Normalización Lingüística.
Traballos premiados
Divina Pastora de Ourense
“Canto en galego”, do colexio Divina Pastora de Ourense. |
San José de Cluny de Santiago de Compostela
Clunyteka, do colexio San José de Cluny de Santiago. |
Esclavas del Sagrado Corazón da Coruña
RECOÑECEMENTO AO EDLG do Colexio Esclavas da Coruña, que ten como coordinadora a Marta Domínguez. As Esclavas da Coruña presentaron catro traballos dixitais realizados durante o confinamento para o alumnado de Infantil e Primaria que destacan pola cantidade de recursos que ofrecen, polo seu carácter lúdico e innovador, polo traballo de dinamización léxica e cultural… E. Infantil: E. Primaria: |