Día do Domund
Para celebrar o día do Domund, os centros de Escolas Cátólicas de Santiago e en concreto os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, organiza un acto anual conxunto. Este ano con lema "Cambia o mundo".
Para celebrar o día do Domund, os centros de Escolas Cátólicas de Santiago e en concreto os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, organiza un acto anual conxunto. Este ano con lema "Cambia o mundo".
EC Galicia organiza un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, en idioma galego.
Con motivo da Coaresma, os centros de Escolas Católicas de Santiago de Compostela e en concreto os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria, organizan un acto anual conxunto. Este ano co lema "Xesús, Amigo"
Consiste nunha iniciativa do Equipo de pastoral da Zona de Santiago, que propuxo a idea de promover a devoción mariana a través dunha actividade plástica, de xeito que os alumnos de 1º e 2º de EP realizasen unha imaxe da Virxe, facendo uso de cartolina, plastilina, pinturas, arxila, teas…
Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela.
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituída en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria no idioma galego ou pola súa defensa da devandita lingua. O Día das Letras Galegas 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva este recoñecemento na historia da celebración.