Consiste nunha  iniciativa do Equipo de pastoral da Zona de Santiago,  que propuxo  a idea de promover a devoción mariana a través dunha actividade plástica, de xeito que os alumnos  de 1º e 2º de EP realizasen unha imaxe da Virxe, facendo uso de cartolina, plastilina, pinturas, arxila, teas…

BUSCANDO A MARÍA

Data: Luns 4 de xuño. Se chove, trasladarase a outra data próxima.

Hora: 10.30 horas.

Lugar: Concentración diante do Museo do Pobo Galego. A actividade desenvolverase nas distintas zonas do parque de Bonaval. (adxúntase plano de situación e colexios).

Alumnado: Os centros dunha liña   (1º e 2º curso primaria).

Os centros de dúas ou máis (2º curso primaria).

Descrición da actividade: Consiste na búsqueda das 10 pezas dun crebacabezas  coa imaxe da Virxe María. A continuación pegarase nunha cartolina dunha cor determinada. Os colexios de máis dunha liña buscarán dúas imaxes, unha  da Virxe María e outra dun debuxo relacionado (unha flor, por exemplo).

As cores das cartolinas designadas para o crebacabezas de cada centro serán: La Salle (amarelo), Inmaculada (verde), Compañía de María (amarelo),  Juventud  (laranxa),  Nª  Señora  dos  Remedios  (vermello),  S. Xosé de Cluny (verde), San Jorge (azul) e Divino Maestro (fucsia).

Cada neno/a levará unha pulseira (pode ser de “cola de rato”) da cor do crebacabezas que corresponde ao seu centro. (Para facilitarlles aos nenos a busca das pezas, estas poden ter polo revés a cor da cartolina).

Ao rematar, xuntaranse os distintos crebacabezas e cantaremos unha canción alusiva á Virxe María (Canción: Xa nos tes aquí).

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies