MODIFICACIÓN DO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS A MODALIDADE VIRTUAL
Debido ao aumento nos contaxios covid e ao incremento das medidas de restricións, decidimos que os FESTIVAL de PANXOLIÑAS se realizará, por segundo ano consecutivo, en modalidade on line.
Por favor, animádevos a gravar as vosas panxoliñas nun pequeno vídeo. Incluíde nos créditos: Nome do colexio e curso que interpreta a canción xunto co título da panxoliña e non esquezades cubrir as autorizacións.
Subide os arquivos, antes do 10 de decembro, a este enlace de drive: PANXOLIÑAS 2021
O 17 de decembro, xuntos, asistiremos ao festival máis emocionante de todo o ano. Uns días antes, indicarémosvos hora e remitirémosvos o enlace para a conexión.
Panxoliñas ano 2021
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS que poderdes visualizar no vídeo. Este quedara en aberto, polo que poderedes velo e escoitalo cando queirades.
Só nos queda darvos as grazas pola vosa participación e animarvos a desfrutalo.

Festival de Panxoliñas
Panxoliñas ano 2020
Un ano máis, Escolas Católicas de Galicia organiza o seu Festival de Panxoliñas. Nesta ocasión, dadas as limitacións impostas pola covid, decidimos emitilo na modalidade on line, transmitido a través da canle de youtube

X Festival de Panxoliñas
Panxoliñas premiadas ano 2019