Xornadas de Pastoral autonómicas: vivimos con Fe de Festa! 

foto formación XP-24

Lugar de realización:

Colexio Compañía de María

Rúa da Ensinanza, 3

15703-Santiago de Compostela

3 de febreiro de 2024

Data límite de inscrición:  29 de xaneiro de 2024

INFORMACIÓN

Neste inicio de ano, que comezamos con enerxías e ilusións renovadas para seguir ofrecéndovos os mellores servizos desde Escolas Católicas, informámosvos da convocatoria da nosa xornada autonómica de Pastoral que, nesta ocasión, leva por título VIVIMOS CON FE DE FESTA! Festa e ledicia porque o nacemento e resurrección do Señor traen á nosa vida e ao noso mundo luz, vida e unha FE de FEsta que debe caracterizarse polo compromiso, pola solidariedade, pola alegría de vivila e de compartila.

Tras a inauguración, onde contaremos coa presenza de monseñor Fdez. Prieto, arcebispo da diocese de Santiago de Compostela, mergullarémonos nun programa -remitido en anexo- que ten como fío condutor as preocupacións amosadas polo Papa Francisco na Asemblea Xeral do 29 de outubro de 2023. Ademais de contarmos cun equipo de relatores de luxo, Jesús Muñoz de Priego, Torres Queiruga, Xiskya Valladares e Javier García, que deixarán espazo para o diálogo cos asistentes, tamén escoitaremos  experiencias de éxito dos nosos centros –Padres Somascos da Guarda, Compañía de María de Coruña e María Auxiliadora de Ourense– e, por suposto, desfrutaremos da conversa e da amizade no café e no xantar compartidos. O peche de ouro do acto porano os PREMIOS DE PASTORAL patrocinados por EDELVIVES.

En definitiva, viviremos un encontro marcado pola Festa e pola FE compartidas entre todos os asistentes.

 LEMBRADE

Data e horario3 de febreiro. De 9:30 a 17:30

Lugarsalón de actos do Colexio Compañía de María. Santiago de Compostela

Matrícula75 euros (inclúe programa, café e xantar)

Inscricións: Premendo no enlace  Con Fe de Festa O prazo remata o 29 de xaneiro e as inscricións serán efectivas cando se realice o pagamento da matrícula.

 

Galería de imaxes

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante