Escolas Católicas organiza diferentes actividades de dinamización lingüística para os seus centros asociados coa finalidade de fomentar a lingua galega. Para a realización dalgunhas destas actividades contamos coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mediante a sinatura dun convenio de colaboración.

IX Festival de Panxoliñas

Un ano máis, en Escolas Católicas iniciáremos o Nadal co noso Festival de Panxoliñas, organizado co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que xa vai pola súa novena edición. Este festival terá lugar o día 13 de decembro 16.30 h no salón de actos do colexio La Salle.

Seguir lendo

Día de Rosalía de Castro

Recitados, cancións, vídeos, elaboración de caretas, carteis, muráis e marcapáxinas, entre eles, coa ilustración deseñada por Pablo Carreiro para nós, foron algunhas das actividades organizadas nos nosos colexios para celebrar o 184 nacemento de Rosalía. Despois das actividades, moitos deles degustaron o “caldo de gloria” sumándonos á iniciativa porposta desde a Casa Museo Rosalía de Castro.

Seguir lendo

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante