Enlaces relacionados

Co obxectivo de fomentar a creación do audiovisual en galego entre o alumnado dos colexios de Escolas Católicas, o departamento de Dinamización de EC, en colaboración coa SXPL, organiza o certame REC.curta que, cada ano, gaña en calidade e en número de participantes.

Existen dúas categorías: unha para alumnado de 6º de  EP e  1º, 2º e  3º de ESO e outra para 4º ESO, Bach e Formación Profesional. Neste certame contamos co patrocinio do Festival de Cans que, cada ano, organiza unha visita guiada a dito festival onde, ademais, o alumnado pode asistir a algunha das charlas incluídas no programa.

A entrega deste galardón, xunto cos do premio literario Frei Martín Sarmiento, serán  no mes de maio.

Tráilers 1ª categoría

Curtametraxes 2025

Curtas premiadas 2025

Tráilers 2ª categoría

Curtametraxes 2025

O día,  9 de maio tivo lugar  a entrega dos  galardóns do certame audiovisual Rec.Curta ao que se presentaron unha decena de traballos que optaban ás dúas categorías das que consta o certame. Primeira, dirixida a alumnado de 6ª de Primaria, 1º e 2º de ESO e segunda dirixida 3º, 4º ESO, Bacharelato e FP.  O traballo recoñecido como Mellor docu-ficción da primeira categoría foi Carmen, baseado nunha historia real de emigración galega, elaborado por tres alumnas do colexio Inmaculada (carmelitas de Vigo) e na 2ª categoría,  o xurado decidiu recoñecer como Mellor curta O eco do silencio, que xira ao redor do acoso escolar, da Inmaculada de Marín e como Mellor docu-ficción a Estrobo F, centrada na importancia de coidar a nosa contorna e o medio ambiente, realizada por alumnado do colexio María Assumpta de Noia.

Mellores curtas

Carmen

Mellor docu-ficción 1ª categoría   Carmen do  colexio  María Inmaculada de Vigo

O eco do silencio

Mellor curta na 2ª categoría   O eco do silencio  do  colexio  La  Inmaculada de  Marín

Estrobo F

Mellor  docu-ficción  na 2ª categoría   Estrobo F  do  colexio  María Assumpta de Noia

1ª categoría  6º EP e 1º, 2º e 3º de  ESO

Carmen

Accésit especial ás imaxes de época e mellor interpretación da musica tradicion e premios ao mellor uso da lingua e  docu-ficción   Carmen do  colexio  María Inmaculada de Vigo

O eco da perda

Premios  mellor actriz e actrices segundarias  O eco da perda do  colexio  María Inmaculada de Vigo

2ª categoría  4º de ESO, 1º e 2º bacharelato e FP

Quérote, avoa

Accésit á mellores efectos especiais e de maquillaxe e premio á mellor interpretación coral feminina Quérote, avoa  do  colexio   San Juan Bosco da Coruña

As voltas da vida

Accésit aos mellores valores (amizade, non discriminación…) e premio á mellor actuación feminina   As volta da vida do  colexio  La Inmaculada de Lugo

Therafosidae

Accésit ás mellores localizacións e premios á mellor actuación masculina e actores secundarios   Therafosidae do  colexio  San Juan Bosco da Coruña

Estrobo F

Accésit  á mellor fotografía e premios  á  mellor actuación masculina  e  uso da lingua Estrobo F do  colexio  María Assumpta de Noia

Silencio

Accésit á  mellor edición e realización e premio á mellor música orixinal Silencio do  colexio PP. Franciscanos de Lugo

O custo do prexudicial

Accésit á  escenografía  O custo do prexudicial do  colexio La Inmaculada de Lugo

Elefzeria

Mellor documental guionizado Elefzeria do  colexio  María Assumpta de Noia

O eco do silencio

Premios á mellor actuación feminina  e curta O eco do silencio do  colexio  La Inmaculada de Marín

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante