As Festas da Lingua naceron co obxectivo de fomentar a relación intercentros, de compartir e difundir momentos de experiencias ao redor da lingua e da cultura galega, sobre todo, ao redor do premio Sarmiento e das Letrras Galegas.

Organízase en distintas cidades de Galicia (Santiago, Coruña, Ferrol, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo) e, tras a lectura dun manifesto, o alumnado participa organizando distintas actividades vencelladas ao persoeiro ao que se lle dedica dito día (teatro, recitais de poesía, lectura de textos…). Péchase o acto cunha actuación teatral ou musical.

FESTA DA LINGUA 2022

FESTA DA LINGUA virtual deste 2022 que, espero, complemente as actividades que organizades nos vosos centros ao redor das Letras Galegas. Como o ano pasado, trátase dun programa que pretende ofrecer actividades dirixidas a toda a comunidade educativa e que, esperamos, vos axude no voso labor de dinamización e normalización da lingua galega.

 GAÑADORES DO CERTAME IPANEMA DAS LETRAS

Parabéns aos gañadores do certame IPANEMA DAS LETRAS, incluído no programa da FESTA DA LINGUA 2022.

As ilustracións gañadoras da categoría de Primaria foron as realizadas por Daniela Vázquez Valiño, do colexio Nosa Señora do Carme de Betanzos e Julia Fernández Dafonte, do colexio Fillas de Xesús.

Na categoría de ESO, o artigo merecedor do galardón foi o titulado Emigración, de Gabriel Otero, do colexio San José de Pontedeume.

Galería de imaxes

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante

Este sitio web utiliza cookies para ter a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies mencionadas e a aceptación da nosa Política de cookies , fai clic na ligazón para obter máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies