PROPOSTAS FORMATIVAS OUTUBRO 2025
Propostas formativas previstas para o mes de outubro da que incluímos, en anexo, información máis detallada:
1. DETECTANDO DIFICULTADES DE APRENDIZAXE NA AULA. Formación impartida por Julia García, directora do Centro de estimulación Julia García, dirixida a todo o persoal docente, especialmente, equipos de orientación, coordinadores/as de benestar, titores/as…
Data e horario: 14 de outubro de 4 a 8.
Lugar de realización Santiago. Sede de Escolas Católicas.
Custo: 55 euros financiables por FUNDAE
O prazo de inscrición remata o 7 oubro
2. MODALIDADE ON LINE. Curso de INTELIXENCIA ARTIFICIAL EN EDUCACIÓN. RETOS E OPORTUNIDADES. Formación titorizada, de 20 horas, impartirase en modalidade on line asíncrona . Enfocado como unha formación práctica e útil para o día a día do profesorado, será impartido por profesorado en activo que forma o equipo de Aprendemanía docente.
Data de inicio: 20 outubro
Data de finalización: 16 de decembro.
Custo: 150 euros por persoa, financiables por FUNDAE.
O prazo de inscrición remata o 13 outubro.
3. COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA E COMUNICADORES EN CONTEXTOS EDUCATIVOS. Julia García. Formación centrada no uso e posibilidades dunha ferramenta esencial para algún do alumnado con NEE que temos nas nosas aulas como son os comunicadores.
Data e horario: 21 de outubro de 4 a 8.
Lugar de realización: Santiago. Sede de Escolas Católicas.
Custo: 55 euros financiables por FUNDAE.
O prazo de inscripción remata o 14 outubro.
4. CREACIÓN DE VÍDEOS EDUCATIVOS CON IA E PROPOSTAS CREATIVAS. Esta formación está dirixida, sobre todo, a docentes e a calquera persoa da comunidade educativa que estea interesada en dominar o proceso de creación de vídeos enfocados na educación e na creatividade.
Data e horario: 22 de outubro de 4 a 8.
Lugar de realización: sede de Escolas Católicas.
Custo: 55 euros financiables por FUNDAE
O prazo de inscripción remata o 15 outubro
5. FERRAMENTAS DE IA EN ORIENTACIÓN.Obradoiro impartido pola orientadora e especialista en IA Ana Murcia. Dirixida a todo os docentes e, sobre todo, a equipos de orientación, benestar, titores/as…
Data e horario: 29 de outubro de 4 a 8.
Lugar de realización: A Coruña (lugar por determinar)
Custo: 55 euros financiables por FUNDAE
O prazo de inscripción remata o 23 outubro.