FESTIVAL DE PANXOLIÑAS

EC Galicia organiza un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, en idioma galego

FESTIVAL DE PANXOLIÑAS 2025

Convocatoria do XV Festival de Panxoliñas de Escolas Católicas, que organizamos co apoio da Secretaría Xeral da Lingua e co patrocinio de Activa, Edebé, SM, Edelvives, Santillana e Anaya. Nesta ocasión, o festival realizarase no salón de actos do colexio San Juan Bosco da Coruña (salesianos), en horario de cinco a oito. Lembrade que existen dúas categorías (Primaria e ESO/Bach/FP) e que poden interpretar unha panxoliña, canto de Reis… orixinal ou tradicional.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante