O premio Frei Martín Sarmiento naceu no ano 2003 co obxectivo fundamental de fomentar a lectura do libro en galego entre o alumnado pertencente á rede de Escolas Católicas.

Este galardón, que leva o nome dun grande ilustrado do século XVIII amante da lingua, da cultura e do noso país, é un dos máis queridos para a nosa federación. Cada ano, un grupo de profesores le as novidades publicadas polas distintas editoriais ao longo do curso. Deste proceso saen os finalistas nas seis categorías: Infantil; 1ª categoría: 1º e 2º de Primaria; 2ª categoría: 3º e 4º de Primaria; 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria; 4ª categoría: 1º e 2º ESO; 5ª categoría: 3º e 4º ESO; 6ª categoría: Bach e adultos.

Posteriormente, ao redor de 3.000 alumnos/as participan nas lecturas dos libros finalistas e, tras as súas valoracións, coñecemos quen é o autor/a gañador de cada ano. Para valorar as obras, remitimos aos colexios unha ficha coas categorías e o alumnado só ten que que ter en conta un criterio: “Que libro che gusta máis?”. Deben puntualo de 1 a 10.

A obra que obteña máis puntuación, será a gañadora. Os galardóns entréganse nunha cerimonia a finais de maio, xunto cos galardoados no certame de curtametraxes REC.curta, á que asisten os autores/as gañadores, representantes das editoriais, o secretario xeral de Política Lingüística e as coordinadoras territoriais dos EDLG, representantes do Festival de Cans, ademais de profesorado, alumnado e pais dos nosos colexios.

GAÑADORES  DA  XX  EDICIÓN DO  PREMIO  FREI  MARTÍN  SARMIENTO

Infantil

“Caderno de cores e cancións” Magín Blanco e Sonia García como ilustradora, editado por Galaxia.

1ª  categoría

“Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente” de  Ramón D. Veiga,   publicada por  Edicións Embora.

2ª categoría

“A pulga espacial” de Xabier Domínguez e Alba de Evan, publicada por Edicións do  Cumio.

3ª categoría

“Sálice e Sándala” Xoán Babarro, Antela Editorial.

4ª categoría

“Cicuta para dous”  Rocío Leira, Xerais.

5ª categoría (tradución)

“Un feiticeiro de Terramar” traducido por Tomás G. Ahola,  editado por Boadicea editora.

6ª categoría

“A saga das curandeiras” Marisa Castro, Hércules de Ediciones.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante