Información detallada do encontro EDUCAORIENTACIÓN, dirixido a orientadores/as, coordinadores/as de benestar, tirores/as e, en xeral, a todo persoal docente e non docente interesado.
Dito encontro terá lugar o 24 de outubro na sede de Escolas Católicas (Praza Europa 10-A, 2ª planta. 15707. Santiago de Compostela) de 9:00h a 14:00h.
Pensouse nun deseño práctico que consta de 3 obradoiros. No primeiro, contaremos coa presenza de Carmen Pomar, que afondará en como realizar un bo enriquecemento curricular; con dous membros de Cogami, que afondarán nas posibilidades que ofrecen os patios inclusivos e os hortos escolares para a inclusión, e con Rubén Díaz e Luísa López, psicólogas e terapeutas familiares que nos ofrecerán unha serie de ferramentas e recursos para traballar en orientación coas familias.
Formulario de inscrición: EDUCAORIENTACIÓN
O custo desta formación é de 50 euros que se aboarán mediante transferencia bancaria ao seguinte número de conta ES39 0030 6316 3200 0006 2271
Agardamos que esta formación resulte do voso interese.