Encontro de Directivos

imaxe formación ENCONTRO DIRECTIVOS 2025 definitivo

26 de setembro de 2025

Colexio Maior Xelmírez

Rúa Vista Alegre, 48

15705-Santiago

Comezamos o curso 2025-2026 convidándovos ao Encontro de directivos de Escolas Católicas. Como xa vos adiantamos antes do verán, realizarase o venres 26 de setembro no Colexio Maior Xelmírez en horario de mañá, de 9:45h a 14:00h e terá como fío condutor o complexo e actual tema da “autoridade docente”. 

Remitímosvos en anexo os detalles do programa no que, ademais de informarvos dos asuntos de actualidade da sede, queremos destacar a intervención do inspector educativo Juan Granados, a mesa de debate ao redor do tema desde distintas perspectivas -liderado, xurídica, administrativa, docente, familias e sindicatos- que moderará Sara Carreira, xornalista de La Voz de Galicia e a inauguración da man dun docente cuxo labor foi recoñecido a nivel nacional e máis dunha ocasión, Javier Saco. 

Podedes inscribirvos neste enlace ata o día 22 de setembro.

Agardamos que vos resulte de interese e que iniciemos o curso con este encontro no que amosaremos, unha vez máis, a nosa unión e tamén a nosa vocación e entusiasmo por formar parte do equipo de educadores das Escolas Católicas de Galicia.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante