Formación: Wellschool. Mentes sanas, aulas felices

foto formación noticias

Presentación do programa WellSchool. Mentes sanas, aulas felices, unha iniciativa iniciativa de Macmillan Education, entidade colaboradora de Escolas Católicas, dirixida a fomentar o benestar emocional e a saúde mental do alumnado no ámbito educativo.

No programa podedes encontrar información detallada sobre o proxecto. Trátase de 3 cursos, de 2 horas cada un, que se impartirán en modalidade on line financiable por FUNDAE, centrados na prevención e intervención do acoso, na xestión e resolución pacífica de conflitos e na prevención do suicido no ámbito educativo. Todos os contidos foron creados por equipos de psicólogos clínicos e de pedagogos de entidades expertas na materia.  Estas sesións están dirixidas especialmente a coordinadores/as de benestar, a orientadores/as, titores/as, membros de equipos directivos e calquera persoa interesada no tema.

Se queredes saber máis sobre esta proposta, convocámosvos ao webinario de presentación que terá lugar o día 12 de novembro ás 17:00h, impartido por Elisa Ascondo, formadora certificada no modelo Kiva e experta en educación, saúde e benestar. Nel informarásevos de todo o que poden achegar ao centro os cursos de Well School, ademais de ofrecer exemplos prácticos.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante