Convocatoria do VII Premio á Innovación Educativa, patrocinado pola editorial SM, co que se pretende recoñecer o voso labor neste ámbito. Recoñeceranse tres propostas por unha cantidade total de 1.500 euros.
Podedes remitirnos as vosas candidaturas, ata o 18 de febreiro de 2026, ao seguinte enderezo electrónico: innovacionpedagoxica@escolascatolicas.es
A entrega do recoñecementos terá lugar o día 27 de febreiro de 2026 no transcurso da Asemblea de titulares e directivos. Animámosvos a que compartades e visibilicedes as vosas iniciativas e as presentedes a este certame e agradecemos, como todos os anos, o apoio de SM a estes galardóns da escola católica galega.