Remol

Desexa colaborar na tarefa dese mensaxeiro de boas novas, mediante a oferta de materiais que comenten a Palabra de Deus dominical, cunhas oracións que recollen ese comentario e o adaptan á vida e realidade persoal e uns powerpoints que dunha forma plástica e visual centran atención nas ensinanzas que a Palabra nos ofrece.

A Blibia

Foi no ano 1989 cando a editorial SEPT publicou a primeira edición “do libro dos libros” en galego. Unha edición aprobada pola Conferencia Española, segundo o certificado do 10 de marzo de 1989. Para iso, confiou este labor a un magnífico equipo de tradutores e de biblistas que realizaron dita tradución  desde as linguas orixinais.

No 2022, viu a luz a 4ª edición da Biblia onde se aproveitou para actualizar  o uso da lingua galega á normativa vixente aprobada pola Real Academia Galega. Nesta ocasión, SEPT encargoulle esta tarefa a un equipo de filólogos e filológas baixo a supervisión de Xosé Fernández Lago.

Equipo de tradución (1989):

Supervisión da 4ª edición: Xosé Fernández Lago

Coordinación: Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga

Tradución: Padre Martín María Díaz, Xosé Fernández Lago, Xesús Ferro Ruibal, Anxo González Núñez, Emilio Losada Castiñeiras, Xosé A. Miguélez Díaz, Francisco Pérez Santalices, Manuel Regal Ledo, Xosé Rodríguez Carballo, Xoán C. Rodríguez Herranz, Xosé M. Rodríguez Pampín, Xosé A. Salgado Agromartín e Andrés Torres Queiruga.

Revisión lingüística (2021):

Emilio González Avión, Mª Carmen Rodríguez Lorenzo, Rosario Baleirón Sóñora, Ana Caíño Carballo, Lidia Campos Chan, Valentina Formoso Gosende, Chus Gómez Sanjurjo, Silvestre Gómez Xurxo, Xan Guillén Vázquez, María Xosé Quintáns Vigo, César Rodríguez García, Belén Rodríguez Suárez e Miguel Seoane García.

Ibrebiary

Aplicación co oracional de tradición  católica tradicional dos breviarios así como os textos da liturxia, tamén en lingua galega  ibrebiary breviarios así como os textos da liturxia

Os textos dispoñibles son os seguintes:

  • Diurnal (con Laudes, Hora Intermedia, Vésperas, Completas e Comúns dos Santos)
  • Misal
    • Ordinario da misa, Prefacios, Pregarias eucarísticas e Comúns dos Santos
    • Lecturas de todos os días do ano litúrxico
    • Oracións varias
    • Rituais de
      • Bautismo
      • Matrimonio
      • Unción de enfermos
      • Comuñón

INSTRUCIÓNS PARA DISPOÑER DOS TEXTOS EN GALEGO:

Cómpre seguir estes pasos:

1.- Abrir Play Store (ou aplicación correspondente de iphone)

2.- Buscar IBreviary

3.- Instalar

4.- Abrir IBreviary

5.-No ángulo superior dereito abrir calquera dos dous símbolos

6.- Seleccionar galego e descargar o día ou a semana

7.- Premer no día correspondente

8.- No ángulo superior esquerdo premer nas 3 liñas para presentar os 5 apartados das opcións.

9.- Aínda que, provisionalmente, algúns títulos veñen en italiano, o contido está en galego.

Oracional

Unha serie de textos litúrxicos e relixiosos relevantes en versión galega actualizada.

Inclúe: Liturxia das Horas, Oracional, Bendicional e Exposición e Adoración eucarística

Misal Romano

En decembro de 2024, e coincidindo coa celebración ese ano dos 55 anos da liturxia en galego, o que significou un fito importante para a nosa lingua ao recoñecela para o culto relixioso, presentouse o Misal romano en lingua galega, grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Arcebispado de Santiago. Editáronse 1.500 exemplares baixo o selo da editorial da Conferencia Episcopal Española, distribuídos a través das dioceses galegas. Con este misal, destacou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, “favorecemos a dinamización da lingua no ámbito litúrxico facilitando que os sacerdotes poidan oficiar as cerimonias relixiosas católicas en galego, achegándose así as persoas galegofalantes e tamén prestixiando o idioma”.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante