Últimas Noticias

Pastoral Educativa autonómica: Pontes Fe, Cultura e Escola

Convocatoria anual da nosa Xornada de Pastoral Educativa autonómica, que terá lugar o día 31 de xaneiro no salón de actos do colexio Maior Xelmírez de 9:00h a 15:00h e que será inaugurada por monseñor Prieto Fernández quen, ademais, oficiará a Eucaristía.

Máis info.

Formación xaneiro-febreiro

Actividades formativas comezo xaneiro-febreiro:

– Especialista en Pastoral educativa

– CANVA (on line)

– IA na aula. Nivel avanzado (on line)

– IA na aula. Nivel experto (on line)

Seguir lendo

XV Premios Pastoral patrocinados por Edelvives

Convocatoria da décimo quinta edición do Premio á Innovación e Boas Prácticas de Pastoral escolar do coidado, patrocinados pola editorial Edelvives. Enviarnos as vosas iniciativas e propostas a:  pastoral@escolascatolicas.es. Tedes de prazo ata o día 23 de xaneiro de 2026. A entrega dos galardóns terá lugar  no transcurso das nosas xornadas de pastoral educativa, o 31 de xaneiro.

Máis info.

 

Como froito do diálogo e de intensas negociacións, Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas -patronal maioritaria da concertada-  así como outras patronais e sindicatos (FSIE, CCOO, UGT e USO) asinaron hoxe, xunto co conselleiro de Educación, o acordo de xubilación parcial.

Desde este ano, o profesorado ao que lle resten dous anos para xubilarse, poderá reducir a súa xornada nun 72% e será substituído por un novo docente.

Finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2025

Convocatoria para participar na vixésimo segunda edición do Premio literario Frei Martín Sarmiento. Como sabedes, o alumnado participante nalgunha da categorías -Infantil, 1ª(1º e 2º EP), 2ª (3º e 4º), 3ª (5º e 6º), 4ª (1º e 2º ESO), 5ª(3º e 4ª ESO) e 6ª (Bacharelato e adultos- terán que ler as dúas obras finalistas e decidir cal é a obra gañadora).

Ver máis

Plan formativo curso 25-26

Agardamos que o noso itinerario responda ás vosas necesidades e intereses e lembrámosvos, unha vez máis, que estamos ao voso dispor para organizar, deseñar e concretar a formación que precisedes así como a xestión de FUNDAE.

Ver plan formativo

Convocatoria de BEDA e BEDA KIDS

Para avanzar na aprendizaxe do inglés, Escolas Católicas mantén vixente, entre outras iniciativas, o convenio asinado con Escolas Católicas de Madrid e o programa BEDA que facilita a certificación con Cambridge, tanto de alumnado como de profesorado.

Información sobre as CONVOCATORIAS DE INCORPORACIÓN, RENOVACIÓN O CAMBIO DE NIVEL EN BEDA E BEDA KIDS

 

Seguir lendo

Día da Educación Católica

Vídeo que recolle os testemuños das distintas sedes autonómicas de Escolas Católicas.

Programas aprendizaxe inglés alumnado-profesorado

Propostas académicas e estadías de verán para avanzar na aprendizaxe do inglés, dirixidas tanto a alumnado como a profesorado, Escolas Católicas asinou un convenio de colaboración con KELLS COLLEGE, entidade cunha longa traxectoria organizando este tipo de programas.

Máis info.

Colaboracións coa CIEC

Entre os numerosos colaboradores de Escolas Católicas de Galicia encóntrase a Confederación interamericana de Educación Católica integrada, na actualidade por 23 países agrupados administrativamente en cinco rexións correspondentes a Norte, Caribe, Centroamérica, Andina e Sur. Podedes coñecer máis datos sobre esta institución e as súas actividades en http://ciec.edu.co

Neste web colgaremos novas relacionadas coa educación, e información de interese para as nosas escolas así como algúns dos vídeos e mensaxes elaboradas polo secretario actual da organización Óscar Pérez Sayago.

Seguir lendo

As nosas Cifras

37.202

Ed. Infantil + Ed. Primaria

17.159

E.S.O.

4.854

Bacharelato + FP

5.275

Traballadores

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante