Propostas formativas  novembro-decembro

Información

PROPOSTAS FORMATIVAS  NOVEMBRO 2025

1.O día 4 de novembro, de catro a sete, Paula Madrid, cofundadora de Infancia M&P, orientadora e formadora, impartirá a segunda edición da formación COMPRENDENDO SENSORIALMENTE A INFANCIA.

Custo: a matrícula ten un custo 55 euros, que se aboarán nun número de conta que se vos indicará desde Administración

Inscrición: COMPRENDENDO SENSORIALMENTE A INFANTIL

 

2. O día 11 de novembro, no mesmo horario, enfocarase no PERFIL SENSORIAL ESCOLAR. Estas propostas están dirixidas a toda a comunidade educativa pero, especialmente, a equipos de orientación, titores/as, coordinadores/as de benestar e equipos directivos.

Custo:  a matrícula ten un custo 55 euros, que se aboarán nun número de conta que se vos indicará desde Administración.

Inscrición: PERFIL SENSORIAL ESCOLAR

 

3. TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS E PROXECTO LGTCO. DE CENTROS

Por outra parte, a docente e formadora Sofía Rama, pioneira na implementación desta metodoloxía no eido do plurilingüismo, ofrecerá as vantaxes e claves de implementar a metodoloxía TIL (Tratamento integrado de linguas) así como a súa relación co Proxecto lingüístico de centro. Está solicitada a homologación á Consellería de Educación por un total de 20 horas (16 presenciais + 4 de traballo autónomo) e terá lugar na sede de Escolas Católicas os días 6 de novembro, 12, 27 e 3 de decembro, de catro a oito.   Está dirixida a todo o persoal docente, especialmente,  o que imparte materias lingüísticas pero tamén as non lingüísticas, a coordinadores de equipos de departamentos e equipos directivos.

O custo:  220 euros, financiables por FUNDAE.

Data limite de inscrición 29 de outubro

Inscrición: TIL E PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

 

  • Ademais lembrámosvos tamén que o 21 de novembro, de nove e media a tres, teremos a nosa XXI Xornada de Normalización Lgtca., dirixida a todo o profesorado de galego e doutras linguas, así como a equipos directivos. Proximamente, remitiremos o programa onde contaremos, entre outros, coa presenza da cantante Uxía, íntima amiga de Begoña Caamaño, persoeiro ao que se lle dedican as Letras Galegas do 2026.

Marketing Digital. Este proyecto ha sido desarrollado por Grupo Enfoca: Diseño web Alicante