Dentro do programa Aula de verán incluímos un webinario gratuíto o 3 de xullo, de 11:00h a 12:00h, para presentarvos a plataforma MONK, unha ferramenta competencial deseñada por Sercaman en colaboración con catro universidades españolas que avalía, en só 30 minutos, a alumnos e alumnas e que detecta as altas capacidades así como diversas dificultades como dislexia e discalculia. Ademais, tamén avalía o pensamento computacional e mide a competencia matemática e a lectora. Os docentes obterán unha estatística xeral da situación educativa da súa clase cos percentís de cada alumno/a e a súa comparación co resto.
Podedes coñecer as súas vantaxes, funcionalidades e nocións básicas sobre o seu funcionamento, o 3 de xullo. Se queredes ampliar información, accedede a este enlace: monk
Desde Escolas Católicas consideramos que a súa implementación podería proporcionar un significativo valor engadido ao proceso educativo do alumnado.
Podedes inscribirvos neste formulario: WEBINAR PLATAFORMA DE AVALIACIÓN
Agardamos que esta proposta suscite o voso interese e que decidades aproveitar esta oportunidade para mellorar a avaliación e o apoio ao alumnado.