Encontro IMPULSA INFANTIL (2ª edición)
Información
Segunda edición de Impulsa Infantil, que terá lugar o 6 de abril, de nove e media a tres, no Colexio Maior Xelmírez. Este encontro diríxese especialmente a profesorado de infantil, orientadores/as, coordinadores/as de benestar, coordinadores etapa, titores/as e a calquera persoa interesada no tema.
No encontro, patrocinado por Anaya, Edelvives, SM e Santillana que nos amosarán as súas novidades nesta etapa nos seus stands, afondarase, de forma práctica en como fomentar a oralidade, en como conectar co autismo e en como interpretar os debuxos infantís. Para iso, contaremos con Uxía Morán, actriz, contacontos e formadora; Alberto Silva, director de Aspanaes; Ascensión Moreno, pedagoga, educadora social, doctora en Bellas Artes, arteterapeuta e mediadora artística. Ademais, codirixe e coordina o posgrao Arte para a Inclusión Social e o máster de Mediación Artística da Universidade de Barcelona. Para rematar, ofrecerémosvos unha clausura creativa con Roberto Gómez, artista, docente, adestrador persoal e malabarista.
CUSTO
O custo deste encontro, que se financiará a través de matrícula, é de 70 euros.
INSCRICIÓN
Podedes inscribirvos neste enlace ata o día 3 de abril: IMPULSA INFANTIL